26 oct 2011

Achégase o Terror...

O verdadeiro medo chegará a MarCha o próximo venres 4 de novembro, nunha noite só apta para os aventureiros máis valentes de 1ºESO. Xa podes descargar a circular para apuntarte á nosa Noite do Terror dende aquí.
   VEN SE TE ATREVES!!

16 oct 2011

Convivencia en Perbes de 1ºESO

Despois da presentación nas aulas, por fin os rapaces de 1ºESO puideron vivir a súa primeira aventura con MarCha. Tratouse dunha convivencia no albergue marista de Perbes, os días 14 e 15 de outubro, na que non faltaron xogos, cancións, deporte, ximkanas nin tempos persoais e para compartir.
Os futuros marchosos gozaron así dun estupendo día no que mesmo houbo a posibilidade de achegarnos á praia a disputar unhas olimpíadas. Ogallá a súa viaxe canda MarCha sexa longa e vivan así con ela moitas aventuras máis nos vindeiros tempos!



13 oct 2011

Convivencia Perbes 2ºESO

Os pasados días 30 de setembro e 1 de outubro os MarChosos de 2ºESO comezaron a súa andaina na aventura MarCha 2011-2012. E nada mellor para iniciar esta viaxe, co lema de "Un barco, unha aventura", que unha convivencia pirata no albergue de Perbes.
Só se pode dicir unha cousa sobre esta actividade: Todos a bordo!! Zarpamos!!!

9 oct 2011

Presentación en 1ºESO

O pasado día 30 de setembro presentáronse os grupos MarCha en 1ºESO. Despois dunha explicación na aula sobre o que é MarCha e dun vídeo con fotos das actividades do ano pasado, os rapaces baixaron coñecer a Sala MarCha e puideron gozar dalgún xogo para irse familiarizando co noso estilo.
Agardamos que este pequeno contacto sexa o principio dunha gran experiencia que acompañe a moitos deles nos vindeiros anos!