19 nov 2011

Ximkana 2ºESO

Nestas dúas últimas semanas, con actividades en case todos os cursos, hai que resaltar a Ximkana na que participaron os nosos marchosos de 2ºESO á saída do colexio o venres 18. Velaquí están as fotos!



5 nov 2011

Noite do Terror 1ºESO

O venres 4 de novembro o medo invadiu o noso colexio e os marchosos de 1ºESO puideron sentir verdadeiro pánico na nosa Noite do Terror.
Tras unha película, que moitos nin sequera puideron aturar, caracterizámonos para vivir unha arrepiante aventura: a Viaxe do Terror. O colexio, con todas as luces apagadas, encheuse das trémulas sombras das candeas, de gritos de medo, de sangue,... e de estrañas personaxes ás que os nosos varudos marchosos tiveron que facer fronte para acadar a súa meta e rematar a viaxe.
Finalmente todos superaron a proba, demostrando así que están preparados para vivir calquera aventura que se lles presente con MarCha!



2 nov 2011

Boletín "e-Cristo Rey" de novembro

Xa saíu o boletín colexial do mes de novembro, e inclúe, entre outras moitas cousas, un amplo resumo con fotos de toda a actividade de MarCha durante o mes pasado! 

Non deixes de lelo, descargándoo dende a páxina web colexial ou dende este enlace!