16 feb 2013

Entroido 2013

O pasado 8 de febreiro MarCha A Coruña celebrou o Entroido cunha festa circense no colexio. Despois de que moitos marcharan vestirse á casa e outros quedaran a ver unha película celebrouse a festa, na que non faltou de nada! Concursos de postres e traxes entroideiros, bailes, xogos, música...
Foi unha estupenda tarde no circo MarCha!!

3 feb 2013

Mes invernal en MarCha

O frío chegou tamén a MarCha A Coruña, onde puidemos gozar das nosas clásicas actividades invernais.
Os nosos rapaces de 2ºESO gozaron así o día 18 de xaneiro dunha tarde de patinaxe sobre xeo no Coliseum, na que entre caídas e risas puidemos tamén vivir un gran ambiente de camaradería e os máis expertos axudaron aos novatos a deslizar por primeira vez.


Por outra banda, todos os marchosos tiveron nos últimos días a oportunidade de pasar unha xornada de xogos na neve, coa nosa tradicional excursión a Leitariegos. Como vén sendo costume nos últimos anos tivemos que dividirnos en dous grupos, e mentres os rapaces de 2º e 3ºESO viaxaron o día 25 de xaneiro, o resto do colexio foi o día 1 de febreiro.
Este ano tivemos máis neve que nunca, algo que un pequeno grupiño aproveitou para practicar o esquí. O resto do grupo pasou un estupendo día escorregando por unha ladeira nevada, facendo bonecos, batallas de bólas e moitos xogos máis!
Tal e como vén sendo costume, todos quedamos con ganas de repetir!