16 dic 2012

Paso de Etapa

O pasado venres, 14 de decembro, tivo lugar o Paso de Etapa de MarCha 2012. Máis de 60 marchosos asistiron á celebración, onde coñeceron un pouco máis a integrantes de MarCha A Coruña doutros cursos e compartiron as súas diversas experiencias connosco.
Ademais, todos recibiron por parte dos seus monitores o seu símbolo de etapa: un tazón de almorzo os rapaces de Amencer, un mosquetón os de Aventura e un diario MarCha os de Camiño.
Sen dúbida foi unha bonita forma de despedir xuntos o ano 2012. En 2013 agárdannos aínda unha morea de actividades para seguir a gozar de MarCha!!


E de paso deixámosvos os álbumes da Convivencia en Perbes de 2ºESO e a Noite do Terror 2012!


- Convivencia Perbes 2ºESO

- Noite do Terror 2012

30 sept 2012

Presentación de MarCha en 1ºESO

O día 28 de setembro presentouse MarCha en 1ºESO. Despois de que algúns antigos alumnos e monitores explicasen en que consiste MarCha e dun vídeo con fotos das actividades do ano pasado, os rapaces baixaron coñecer a Sala MarCha e puideron gozar dalgún xogo para irse familiarizando co noso estilo.
Agardamos que este primeiro contacto lles deixase con ganas de máis, e sexa o principio dunha experiencia con MarCha que se prolongue por anos!



Deixamos tamén un vídeo co resumo do curso 11/12!

Peche do curso 2011-12

E por fin subimos os álbumes de fotos pendentes do curso pasado!!

- Xuntanza
- Rastrexadura na Cidade Vella
- Ximkana 1ºESO
- Outras actividades

12 feb 2012

Leitariegos 2012

Este mes de febreiro veñen de ter lugar as xa clásicas saídas de MarCha A Coruña a Leitariegos. O venres 3 viaxaron os rapaces de 1º e 4ºESO, xunto cos de Bacharelato, mentres que os de 2º e 3ºESO fixérono unha semana despois, o día 10.
Algúns dos nosos marchosos aproveitaron para poñerse os esquís, no entanto o resto do grupo gozaba tirándose en pás e trineos polas encostas totalmente nevadas, facendo bonecos e mesmo unha casopa con bloques de neve e xeo.
A meteoroloxía acompañou este ano, e en ambas as dúas datas luciu o sol, e a neve foi máis que abundante, polo que a aventura deste curso en Leitariegos foi realmente magnífica.
Velaquí algunhas imaxes!