10 nov 2013

Noite do Terror

Este venres os rapaces de 1ºESO puideron gozar dunha das actividades máis agardadas dende que entran en Maristas: a noite do terror de MarCha. Esta é a 2ª actividade de proba, e a partir de agora entregaráselles a inscrición para que aqueles que queren continuar en MarCha poidan apuntarse.
A tarde comezou coa merenda, despois da cal fomos ao salón de actos para ver unha película, que foi meténdonos o medo no corpo. Pero non foi até despois, xa de noite e co colexio completamente ás escuras, cando chegou o verdadeiro terror. Cun plano do cole os rapaces tiveron que moverse en grupo para ir superando multitude de retos que puxeron a proba o seu valor.
Agardamos que todos se atrevan a apuntarse a MarCha para actividades futuras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario